Campionato de España de Wáter-polo Xuvenil Masculino de 2ª División

20190625_wat_cto_esp_xuve_cat2_cartel

20190625_wat_cto_esp_xuve_cat2_presentacion

Do 27 ao 30 de xuño vaise disputar na piscina da Escuela Naval Militar de Marín o Campionato de España de Wáter-polo Xuvenil Masculino de 2ª División coa participación de dous equipos galegos: o Real C. Náutico Vigo e o organizador, o C. W. Pontevedra.

No campionato participan 10 equipos divididos en dous grupos de 5 que disputan unha primeira fase de liguiña dende o venres até o sábado e o domingo disputaranse as semifinais e a final.

Onte tivo lugar o acto de presentación do evento no Concello de Marín ao que asistiron: José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; Fernando Carpena Pérez, Presidente da RFEN; Antonio Traba, Concelleiro de Deportes do Concello de Marín; Ignacio Cuartero Lorenzo, Comandante-Director da ENM Marín; Santos Héctor Rodríguez, Diputado de Promoción Turística da Deputación de Pontevedra; Carlos Touriño, Presidente da FEGAN e José Á. Tellería Couñago, Presidente do C. W. Pontevedra.

Ver programa.