Charla formativa sobre a nova regulamentación de wáter-polo con Sergi Borrell

Con motivo do play-off de Ascenso a 2ª División que disputa o C. W. Santiago, estará en Galicia o Árbitro Internacional e vogal de wáter-polo no Comité Nacional de Árbitros, Sergi Borrell.

Debido aos cambios de regulamento que se van a producir para a vindeira tempada, impartirá unha charla aclaratoria para os árbitros galegos así como secretarios de mesa.

Esta charla estará aberta tamén para aquelas persoas que estean interesadas (adestradores, xogadores…). Será no Centro Galego de Tecnificación Deportiva o sábado 11 de maio de 19:00 a 20:00.