O C. W. Santiago no play-off de ascenso a 2ª División nacional

20190507_wat_div2_nacional_cwsantiago

O Club Waterpolo Santiago participará no play-off de ascenso á segunda división masculina, que nesta tempada estrea un novo formato. Como vencedor da liga regular, o equipo da capital Galega acadou a súa praza, neste novo sistema formado por dous grupos de 3 equipos, xogando cada fin de semana nunha sede. Poble Nou (Cataluña) e Canaragua Tenrife Echeyde (Canarias), serán os rivais do C. W. Santiago. O primeiro clasificado de cada grupo acadará o ascenso á 2ª división.

O sorteo deparou que se disputen en Galicia os primeiros partidos, que darán comezo este próximo venres 10 de maio ás 22:15 horas na piscina Santa Isabel de Santiago, entre o equipo local e os canarios do Tenerife Echeyde. O segundo partido disputarase o domingo 12 de maio 12:30 horas tamén na piscina de Santa Isabel contra o Poble Nou. Todo o wáter-polo galego estará atento a este importante evento, que supón un paso máis para que algún equipo galego chegue a disputar unha liga nacional.

Acceso á web do campionato.