O C. N. Galaico, campión da Liga Galega de Clubes

20190502_nat_liga_gal_clubes_cn_galaico

O C. N. Galaico proclamouse campión da liga de clubes de natación na división de honra, despois de disputarse a fase final de dita competición.

Na primeira división o campión foi o Real C. Náutico Vigo que ademais, acada o ascenso á división de honra xunto co C .N. Ponteareas que foi segundo.

Na segunda división o campión foi o C.D.N. Cidade de Santiago que ascende a primeira división xunto co C. N. Arzúa que foi segundo.

Na terceira división o A.D. Fogar proclamouse campión e ascende a segunda división xunto co U.S.C.

Os vencedores do Trofeo Leopoldo Bremón á mellor marca foron María Vilas Vidal do C.N. Galaico e Jorge garcía Moreno do C.N. Liceo.

Ler máis.