Xornada 3 do Cto. España de Wáter-polo Infantil por CCAA

20190414_wat_cto_esp_infa_ccaa

A terceira xornada do Campionato de España de Wáter-polo por Comunidades Autónomas, só deparou un enfrontamento da selección feminina, onde pola mañá tivo a xornada de descanso, e ás 15:30 xogou un importante partido polas prazas 5º - 8º, onde se enfrontou a Baleares cunha vitoria por 1-11, o que leva xogar ás nosas mozas por unha 5º-6º posición histórica, xa que na súa curta traxectoria é a primeira vez que xogan por esas posicións (xa xogaron hai dous anos e o pasado, pero o número de equipos era de 8 e non de 10 como este ano).

A Selección masculina, debido á cuarta posición obtida na fase de grupos, descansou na xornada de hoxe, e mañá domingo terá a súa particular final polas posicións 13º-14º fronte á Selección de Castilla y León ás 9:00, onde buscarán un vitoria e boa imaxe para despedir o Campionato.

Acceso á web do campionato.