Xornada 5 do Cto. España de Natación Absoluto OPEN e Júnior de inverno

20190410_nat_david_gonzalez

Unha nova medalla na derradeira xornada do Campionato de España de Natación Absoluto OPEN e Júnior de inverno, esta vez a cargo de David González García do C. N. Pabellón Ourense quen foi terceiro en 100 braza da categoría absoluto mozo cun tempo de 1:05.85. Ademais acadou o posto 13 no campionato OPEN.

María Vilas Vidal do C. N. Galaico e bolseira do CGTD foi quinta en 400 estilos do campionato OPEN con 4:47.78.

Paula Otero Fernández do C. N. Liceo e bolseira do CGTD acadou o posto 12 en 400 estilos do cto. OPEN con 5:01.68.

Carla Faro Martínez do C. N. Ponteareas e bolseira do CGTD tamén foi finalista en 400 estilos do campionato OPEN acadando o posto 22 con 5:07.71.

Marco Guiotto Sánchez do C. del Mar foi oitavo en 400 estilos do campionato júnior con 4:42.12.

Miguel Martínez Novoa do Real C. Náutico Vigo acadou o posto 14 en 100 bolboreta do campionato OPEN con 56.45.

Acceso á web do campionato.