XX Cto de España de Natación Artística Júnior-Senior de Inverno

20190408_art_cto_esp_seni_juni_inv

Esta fin de semana disputouse en Valladolid o XX Cto de España de Natación Artística Júnior-Senior de Inverno con participación de clubes galegos.

Na categoría júnior, acadaron as finais de Solo, Ana Moyano do C. Sincro Ourense, posto 17, e Sabela Celada do Real C. Náutico Vigo, posto 18. En Dúo, Lola Carracedo e Laura Bernardo do C. Sincro Ourense acadaron o posto 14. En Equipo, o C. Sincro Ourense foi 8º, C. Galaico Sincro 12º, Real C. Náutico Vigo 13º e C. Sincro Ferrol 14º. En Combo, o C. Galaico SIncro foi 6º, o C. Sincro Ourense 8º e o Real C. Náutico Vigo 10º.

Na categoría sénior, Susana Castiñeiras do Real C. Náutico Vigo foi 10ª en Solo libre e Antía García do C. Sincro Rias Baixas Vigo foi 14ª tamén en solo libre. Susana Castiñeira e Paula Pena do Real C. Náutico Vigo foron 8ª en dúo técnico e 10ª en dúo libre.

Acceso á web do campionato.