O C. W. Pontevedra, Campión Galego de Wáter-polo Xuvenil

20190225_wat_cto_gal_xuve_mix

O C. W. Pontevedra proclamouse o sábado na piscina da ENM de Marín, Campión Galego de wáter-polo xuvenil acadando ademais a opción de participar no Campionato de España da categoría.

O segundo posto foi para o Real C. Náutico Vigo, terceiro o C. W. Santiago e cuarto o C. N. Coruña.

No acto de entrega de trofeos estiveron presentes o Comandante Director da ENM de Marín, D. Ignacio Cuartero, a Alcaldesa do Concello de Marín, Dª. María Ramallo, o Presidente da FEGAN D. Carlos Touriño e o presidente do C. W. Pontevedra, D. Jose Tellería.

Ler máis.