Copa de España de clubes de natación: o C. N. Galaico acada a permanencia na categoría feminina e masculina.

20181224_nar_copa_esp_div1_fem_galaico

20181224_nar_copa_esp_div2_mas_galaico

Do 21 ao 23 de decembro disputouse a Copa de España de Cubes de Natación coa participación do C. N. Galaico tanto na categoría feminina en primeira división como na categoría masculina en segunda división acadando a permanencia nas dúas categorías.

O equipo feminino, que disputou a competición de primeira división celebrada en Gijón cou outros sete clubes, acadou o cuarto posto. Ademais, a nadadora Alicia Bouzas Pedreira estableceu unha nova Mellor Marca Galega de 13 anos en piscina de 50m na proba de 200 costas cun tempo de 2:28.87.

O equipo masculino, que participou xunto con outros 15 clubes na segunda división disputada en Castellón, acadou o quinto posto.

Resultados da categoría feminina división 1.

Resultados da categoría masculina división 2.