Alicia Bouzas, Ana Cernadas, Pablo Cabana e Carlos Souto no CAR Blume de Madrid

As nadadoras Alicia Bouzas Pedreira do C. N. Galaico e os nadadoras bolseiros do CGTD Ana Cernadas González do C. Fluvial de Lugo, Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas e Carlos Souto Vilas do C. N. Liceo, están convocados para participar nunha concentración de tecnificación infantil que a RFEN realizará do 1 ao 7 de decembro no CAR Blume de Madrid.

Nesta actividade tamén participará Jaime López Rego, adestrador do Club Fluvial de Lugo como integrante do cadro técnico.