Presentado o Cto. de España de Natación Artística Alevín-Júnior de Verán

20180709_art_cto_esp_alev_juni_ver

Hoxe presentouse no Pazo Provincial da Deputación de Ourense, o VI Campionato de España de Natación Artística Alevín-Júnior de Verán que se disputará na piscina Rosario Dueñas do 12 ao 15 de xullo. O acto contou coa presenza de Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación provincial, Marta Miguez, Secretaria Xeral para o Deporte, Mario Guede, concelleiro de deportes, Luz Abadín, Presidenta do Club Sincro Ourense e Ramón Mosquera, secretario da Federación Galega de Natación.