Cto. España de Wáter-polo Cadete Masculino

20180709_wat_cto_esp_cade_mas_cw_pontevedra

A pasada fin de semana disputouse en Castellón o Campionato de España de Wáter-polo Cadete Masculino, onde Galicia tivo como representante o C. W. Pontevedra. O C. W. Pontevedra comezou contra o C. W. Dos Hermanas, equipo andaluz, no que despois dun partido igualado, caeu derrotado por 7-5. O segundo partido foi contra o C. W. Navarra, cunha derrota clara por 11-3. Con esta derrota, os cruces levaron ao equipo galego a xogar polas posicións 17º-20º, comezando contra o Calvia de Baleares, finalizando cunha clara vitoria por 10-5, o que levo a xogar contra o Lautada Gasteiz polas posicións 17º-18º, gañando onde o marcador a pesar de reflectir un axustado 9-10, non foi do todo real porque Pontevedra foi dominando en todo momento, pero a relaxación fixo que o equipo rival achegásese ao marcador, desta forma o C. W. Pontevedra obtivo unha 17ª posición. Parabéns ao C. W. Pontevedra polo campionato realizado, onde competiu en todo momento, tendo un equipo moi novo onde a gran maioría de xogadores poderán repetir o ano vindeiro.

Acceso á web do campionato.