O C. W. Pontevedra nos Ctos. de España de Wáter-polo Cadete Masculino e Feminino

O C. W. Pontevedra participa estes días nos Campionatos de España cadete tanto masculino como feminino.

O equipo feminino, do 6 ao 8 de xullo en Sabadell con un total de 12 equipos divididos en catro grupos. As pontevedresas están encadradas no grupo A xunto co C. N. Sabadell e E. W. Zaragoza.

O equipo masculino, disputa o seu campionato do 5 ao 8 de xullo en Castellón, tamén cun total de 12 equipos. Os pontevedreses están encadrados no grupo B con Dos Hermanas e Navarra.

Programa cto. feminino.

Programa cto. masculino.