Xornada 3 do Cto. España de Natación Infantil de Inverno

Catro Mellores Marcas Galegas na terceira xornada do Cto. de España de Natación Infantil de Inverno que se está a disputar na piscina Rías do Sur de Pontevedra que se celebra do 25 ó 28 de marzo de 2018.

Amalia Blas Rodríguez do CN Liceo foi novena en 200 libre batendo dúas veces a MMG de 14 anos, tanto na eliminatoria con 2:09.88 como na final con 2:09.87.

Paula Otero Fernández do CN Liceo foi cuarta en 200 bolboreta con 2:23.95, batendo a MMG de 14 anos.

Patricia Brbier Urcullu do RCN Vigo acadou o posto 11 en 200 costas con 2:24.31, batendo a MMG de 15 anos.

Outros nadadores finalistas foron:

Ana Cernadas González do C Fluvial de Lugo, foi 12ª en 200 libre con 2:10.43.

Igor Arce Rodríguez do CDN Cidade de Santiago acadou o posto 20 en 200 bolboreta con 2:14.37 nas eliminatorias.

Carla Faro Martínez do CN Ponteareas foi 10ª en 100 braza con 1:16.31.

Carlos Silva Sieira do CN Liceo acadou o posto 18 en 200 costas con 2:16.77.

Raquel Cando Santos do CN Portamiñá acadou o posto 15 en 200 costas con 2:26.38.

Acceso á web do campionato.