Xornada 2 do Cto. España de Natación Infantil de Inverno

20180326_nat_cto_esp_infa_inv_01_carla_faro

20180326_nat_cto_esp_infa_inv_02

Dúas novas medallas e unha MMG na segunda xornada do Campionato de España de Natación Infantil de Inverno que se está a disputar na piscina Rías do Sur de Pontevedra que se celebra do 25 ó 28 de marzo de 2018.

Carla Faro Martínez do CN Ponteareas foi terceira en 400 estilos cun tempo de 5:07.36.

O equipo de remudas feminino de 4X200 libre do CN Liceo formado por Angela Cabo, Amalia Blas, María Ares e Paula Otero foi terceiro cun tempo de 8:47.39.

Patricia Barbier Urcullu do RCN Vigo foi sétima en 100 costas con 1:06.90 en eliminatorias, establecendo unha nova Mellor Marca Galega de 15 anos.

Outros nadadores destacados que acadaron postos nas finais foron:

Eva Feijoo Gómez do CN Pabellón Ourense, acadou o posto 16 en 100 libre con 1:00.81.

Paula Otero Fernández do CN Liceo cuarta en 400 estilos con 5:08.61, de novo por debaixo da mínima para a Copa Comen.

Sara Vázquez Sánchez do CN Liceo, posto 20 en 400 estilos con 5:22.87 en eliminatorias.

Carlos Souto Vilas do CN Liceo e bolseiro do CGTD foi oitavo en 200 braza con 2:29.37. Ademais acadou a final B en 400 estilos cun tempo de 4:53.44 nas eliminatorias.

Juan González Tizón do CN Coruña, posto 16 en 400 estilos con 4:53.31.

Acceso á web do campionato.