Xornada 1 do Cto. España de Natación Infantil de Inverno

20180325_nat_cto_esp_infa_inv_01

20180325_nat_cto_esp_infa_inv_02

Tres medallas na primeira xornada do XXXVIII Campionato de España de Natación Infantil de Inverno que se está a disputar na piscina Rías do Sur de Pontevedra que se celebra do 25 ó 28 de marzo de 2018.

Pablo Galán Vicente do C. del Mar e bolseiro do CGTD foi segundo en 1500 libre con 16:22.84.

Juan González Tizón do C. N. Coruña foi terceiro en 1500 libre con 16:24.58.

Paula Otero Fernández do C. N. Liceo foi segunda en 800 libre con 9:03.60 que ademais supón referendar a marca mínima para a Copa COMEN.

Amalia Blas Rodríguez do C. N. Liceo foi oitava en 800 libre con 9:10.59, referendadndo tamén mínima da Copa COMEN.

Acceso á web do campionato.