Ane de la Fuente e María de Valdés co Equipo Nacional de Augas Abertas

As nadadoras do C. N. Liceo Ane de la Fuente Fiaño e María de Valdés Álvarez están convocadas para participar co equipo nacional absoluto de augas abertas nunha concentración que terá lugar no CAR de Sant Cugat do 25 ao 31 de marzo.

A esta concentración tamén está convocado Jesús de la Fuente, adestrador do C. N. Liceo como integrante do cadro técnico.