V Concentración feminina de wáter-polo

20180129_wat_tecificacion_x4

O domingo levouse a cabo a 5ª xornada de Tecnificación feminina, na que as xogadoras do wáter-polo galego seguen a súa preparación de cara ao Campionato de España que se disputará no mes de marzo en Madrid. Despois dunha sesión de adestramento, disputaron un partido amigable contra un combinado de xogadores do CW Pontevedra.