O CN Traviesas, Campión Galego Máster de Inverno

20180114_mas_campion_mas_total

20180114_mas_campion_fem

20180114_mas_maior_fem_celia

20180114_mas_maior_mas_ramon

O CN Traviesas foi o gañador do Campionato Galego Máster de Inverno disputado na piscina Rías do Sur de Pontevedra ao impoñerse na clasificación total. Ademais, tamén foi o vencedor da categoría masculina por diante do CN Rías Baixas e o CN Portamiñá.

Na categoría feminina o campión foi o CN Portamiñá seguido do CN Traviesas e CN Ponteareas.

Neste Campionato batéronse un total de 50 Récords Galegos.

O premio a os nadadores de máis idade foron para Celia Iglesias Blanco do CN Máster Mos e para Ramón Folch Mallobre do CN Arteixo.

Acceso á web do campionato.