Gaspar Andrade, Xabier Carneiro, Alexandre Lages e Manuel Tomé en Sierra Nevada

Os nadadores Gaspar Andrade Budiño do CN Arzúa, Alexandre Lages Brión do CN Riveira, Xabier Carneiro Viqueira do C del Mar e Manuel Tomé Sanles do CN Riveira, bolseiros do CGTD, participan nunha concentración de preparación en altura co Equipo Nacional de Augas Abertas, que se celebra en Sierra Nevada do 2 ao 20 de xaneiro.

A esta concentración tamén está convocado do 11 ao 20 de xaneiro Fernando Zarzosa, adestrador do CGTD, como integrante do cadro técnico.