II Concentración feminina de wáter-polo

Foto. A pasada fin de semana, tivo lugar a II Concentración Feminina de Wáter-polo en Galicia. Nesta ocasión as xogadoras convocadas realizaron un adestramento durante dúas horas, para a continuación disputar unha partido amistoso cun Combinado Absoluto Feminino de xogadoras de varios clubes Galegos. Unha boa noticia é a ampla representación de clubes, mostra da interese que teñen en levantar o wáter-polo feminino en Galicia, CN Coruña, CW Santiago, CMarina Ferrol, RCN Vigo, CWG Pontevedra e CW Umia estiveron representados con diferentes integrantes dos seus equipos.