Beatriz Gómez e María Vilas, concentradas co Equipo Nacional

As nadadoras Beatriz Gómez Cortés do CN Galaico e María Vilas Vidal do CN Riveira, están convocadas co Equipo Nacional Absoluto para participar nunha concentración de preparación en altura dentro do "Programa Altitud Natación". Bea estará en Sierra Nevada (Granada) do 18 de maio ao 4 de xuño, e María en Font-Romeu (Francia) do 19 ao 27 de maio.