Campionato de España Longa Distancia

20230126_nat_largadistancia

O sábado 28 de xaneiro terá lugar o XIV Campionato de España Longa Distancia na piscina M-86 (Madrid).

Un total de 11 nadadores de clubs galegos participarán neste campionato.

Más información

Campionato Galego Longa Distancia

20221203_nat_ponteareas

Hoxe disputouse o Campionato Galego de Longa Distancia na piscina do CGTD de Pontevedra, os resultados foron os seguintes.

Mellor club:

CN Ponteareas con 878 puntos.

Mellor club categoría masculina:

CN Ponteareas con 878 puntos.

Mellor club categoría feminina:

CN Ferrol con 674 puntos.

20221203_nat_mario_mourenza

Mellor nadador categoría masculina :

Mario Méndez Puga de CN Rías Baixas,

Mellor nadadora categoría feminina:

Inés Mourenza Rocha de CN Portamiñá .

Acceso á web dos resultados

María de Valdés, Miguel Martínez e o CN Ponteareas, Campións Galegos de Longa Distancia

20201213_nat_LD_ind

20201213_nat_LD_club

O sábado disputouse na piscina Rías do Sur de Pontevedra o XVII Campionato Galego de Longa Distancia en piscina, fase territorial do Campionato de España.

Na competición indiviual os vencedores foro María de Valdés Álvarez do C. N. Liceo e Miguel Martínez Novoa do R. C. N. Vigo e bolseiro do CGTD.

Na clasificación por clubs o C. N. Ponteareas proclamouse Campión por diante do C. del Mar de San Amaro e do C. N. Galaico.

Presentación do Cto. Galego de Longa Distancia

imaxeimaxe

No día de onte prsentouse na casa do Concello de Carballo o XVI Campionato Galego de Longa Distancia en piscina que se disputa este sábado na piscina Carballo Calero, e contou coa presenza do alcalde, D. Evencio Ferrero, o concelleiro de Deportes Marcos Trigo, o presidente do AD Fogar Gustavo Álvarez, e o secretario da FEGAN, Ramón Mosquera.

Este Campionato que á súa vez e a fase territorial do Campionato de España, conta coa participación de perto de 90 nadadores pertencentes a 16 clubs. Na sesión de mañán, a partir das 11:00 h, disputase a proba de 2000 m libre infantil e na sesión de tarde, a partir das 17:00 h, a proba de 3000 m libre para as categorías júnior 1, júnior 2 e sénior.

X Campionato de España de Longa Distancia

20190224_nat_maria_vilas

Tres ouros e tres bronces dos nadadores galegos, e un título por clubes, no X Campionato de España de longa distancia en piscina disputado o sábado en Mataró.

Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas e bolseiro do CGTD proclamouse campión de España en 3000 libre infantil batendo a Mellor Marca Nacional.

Paula Otero Fernández do C. N. Liceo e bolseira do CGTD proclamouse campioa de España en 3000 libre infantil.

Ane de la Fuente Fiaño do C. N. Liceo tamén se proclamou campioa de España en 5000 libre Júnior-2.

Pablo Galán Vicente do C. del Mar e bolseiro do CGTD foi terceiro en 5000 libre Júnior-1.

Carla Goyanes García do C. N. Galaico e bolseira do CGTD foi terceira en 5000 libre Júnior-2.

María Vilas Vidal do C. N. Galaico e bolseira do CGTD foi terceira en 5000 libre sénior.

Ademais a nadadora Aroa Silva Fidalgo do C. N. Santa Olaya e bolseira do grupo de tecnificación de augas abertas foi primeira en 5000 libre Júnior 1.

Na clasificación por clubes, o C. N. Liceo proclamouse Campión de España en categoría feminina e o C. N. Ponteareas foi terceiro en categoría masculina.

Web do Campionato

O CN Vigo Rias Baixas, campión Galego Máster de Fondo

20180312_mas_cto_gal_long_dist_01

20180312_mas_cto_gal_long_dist_02

20180312_mas_cto_gal_long_dist_03

20180312_mas_cto_gal_long_dist_04

20180312_mas_cto_gal_long_dist_05

O CN Vigo Rías Baixas proclamouse Camapión Galego Máster de Fondo, despois da disputa do campionato celebrado en Ponteareas na categoría total e tamén na masculina. En categoría feminina o club campión foi o CN Ponteareas.

Durante o campionato bateronse un total de 26 Récords Galegos

Os vencedores do IX trofeo Gerardo Steudel foron:

Estíbaliz Bugallo Pérez do RCN Vigo en 1500 libre feminino.

David Rodríguez Lago do CDN Cidade de Santiago en 1500 libre masculino.

Aroa Freije Torneiro do CN Portamiñá en 800 libre feminino.

Adrián Bouza Padrón do CN Rias Baixas en 800 libre masculino.

Acceso á web do campionato.

O CN Liceo, Campión Galego de Longa Distancia en Piscina

20180127_nat_cto_gal_long_dist_01

20180127_nat_cto_gal_long_dist_02

O CN Liceo proclamouse na piscina Carballo Calero de Carballo, Campión Galego de Longa Distancia en piscina, seguido do C del Mar e do CN Ponteareas.

A nivel individual, María de Valdés Álvarez do CN Liceo e Manuel Davila Lustres do CN Riveira, proclamáronse Campións Galegos Absolutos de 3000 libre.

Acceso á web do campionato.

Campionato de España Máster Longa Distancia

20170220_mas_cto_esp_long_dist_elisa_pichel

Tres medallas e un Récord de España dos nadadores de clubes galegos no III Campionato de España Máster de Longa Distancia en Piscina OPEN disputado en Mataró.

Mª Elisa Pichel García de Seárez do AD Fogar proclamouse Campioa de España en 3000 m establecendo un nevo Récord de España, na categoría +30.

Rudy Carlos Palamedi Camplani do AD Fogar, proclamouse Campión de España en 3000 m en categoría +60.

Mª Cristina García Colomo do CN Pabellón Ourense foi segunda en 3000 m na categoría +55.

Web do campionato.

Campionato de España Longa Distancia

20170218_nat_ane_de_la_fuente

Catro medallas de nadadores de clubes galegos no VIII Campionato de España de Longa Distancia en Piscina disputado en Mataró.

Ane de la Fuente Fiaño do CN Liceo proclamouse Campioa de España en 5000 m de categoría Júnior-1.

Xabier Carneiro Viqueira do C del Mar foi terceiro en 5000 m Júnior-1.

Gaspar Andrade Budiño do CN Arzúa foi segundo en 5000 m Júnior-2.

Paula Goyanes García do CN Galaico foi terceira en 5000 m Júnior -2.

Na clasificación por clubes en categoría masculina, o CN Riveira e o C del Mar foron terceiros.

Web do campionato.

Cto. Galego de Longa Distancia: O CN Galaico Campión

20161120_nat_cto_gal_long_dist_pis

O CN Galaico proclamouse esta tarde en Pontevedra (Rías do Sur) Campión Galego de Longa Distancia en piscina co C del Mar en segunda posición e terceiro o CN Riveira.

Os campións individuais en cada categoría foron:

Infantil feminino: Alba Martínez Parada do CN Riveira.

Infantil masculino: Pablo Galán Vicente do C del Mar.

Júnior 1 feminino: Águeda Cons Gestido do CN Galaico.

Júnior 1 masculino: Xabier Carneiro Viqueira do C del Mar.

Júnior 2 feminino: Macarena García Garay do C del Mar.

Júnior 2 masculino: Daniel Sánchez Louzán do CN Galaico.

Sénior feminino: María Vilas Vidal do CN Riveira.

Sénior masculino: Manuel Dávila Lustres do CN Riveira.

Ler máis.