Paula Otero (CN Arteixo) 5ª de Europa cun tempo de 59.57.23, espectacular carreira fixo no 5K.
A pesar das malas condicións do mar, o cambio de circuito polas correntes e de ser un dos mais novos, Mateo conseguiu o posto 12 no 5 K cun tempo de 53.24.75. Estivo 1 segundo do top 10. Unha vez máis, o bolseiro do CGTD e nadador de Arteixo, demostra que temos futuro nas augas abertas en Galicia.
Parabéns para María de Valdés que ata esta tempada nadou no CN Liceo pola súa medalla de bronce e a o vigués Mario Méndez, que rematou no posto 14.
Hoxe, presentouse o Campionato Galego Open de Augas Abertas que se dipustará o domingo 1 de xuño no embalse de Portodemouros (Arzúa).
No acto de presentación estiveron Mª Isolina Curros, presidenta de CN Arzúa, Xoán Xesús Carril, Alcalde de Arzúa e Juan Carlos Brión, presidente da Federación Galega de Natación.
Con esta etapa dará comezo o XXI Circuito Galego Arzúa-Ulloa DOP de Augas Abertas que constará de 10 etapas máis.
Contará coa participación de 190 participantes das distintas categorías (Alevín, Infantil, Júnior, Júnior 2, Senior e Máster). Dará comezo as 10:00 horas coa categoría Máster. As 11:30 horas os infantis, Júnior e Senior e as 13:00 os Alevíns.Excelente carreira a de Paula Otero (CN Arteixo) e Mateo Garcia Mateo García (CN Arteixo e bolseiro do CGTD) no 10 K no campionato de Europa Absoluto en Stari Grab
Paula 6ª, fixo moi boa carreira codeandose co top mundial cun tempo de 1:57:35
Mateo conseguiu o posto 13, a pesar de ser unha carreira moi complicada polo mar e o vento cun tempo de 1:48:38.89
Destacar tamén o posto 12 do nadador galego Mario Méndez (CN Santa Olaya) 1:48:38.83.
Mateo García (bolseiro do CGTD) e Paula Otero, os dous de CN Arteixo, convocados para participa co Equipo Nacional Absoluto de Augas Abertas no Campionato de Europa que se disputará do 28 ao 31 de maio en Stari Grad (Croacia). No equipo técnico, Luisa Domínguez, adestradora do CGTD.
Esta proba e clasificatoria para o Campionato do Mundo Singapur 2025.
Hoxe presentouse o XXI Circuíto Galego de Augas Abertas que organiza a Federación Galega de Natación e por cuarto ano consecutivo o Consello Regulador da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa aposta por patrocinalo e darlle nome.
O Acto tivo lugar na Casa de Correos, en Arzúa.
Contou coa presencia de Juan Carlos Brión, Presidente da Federación Galega de Natación; José Luis Lamas, Presidente do CRDOP Arzúa-Ulloa; Xoán Xesús Carril, Alcalde de Arzúa; Andrés Carrera, Vogal de Augas Abertas da FEGAN e Gaspar Andrade, ex nadador de CN Arzúa .
O circuíto constará de 10 etapas. Dará comezo o día 1 de xuño co Campionato Galego de Augas Abertas en Portodemouros (Arzúa) e rematará o 20 de setembro coa etapa final.
Mateo García (bolseiro do CGTD) e Paula Otero, os dous de CN Arteixo, convocados para participa co Equipo Nacional Absoluto de Augas Abertas no Campionato de Europa que se disputará do 28 ao 31 de maio en Stari Grad (Croacia). No equipo técnico, Luisa Domínguez, adestradora do CGTD.
Destacar que nesta convocatoria tamén participarán o nadador galego Mario Méndez de CN Santa Olaya e a nadadora María de Valdés, que durante os últimos anos estivo vinculada a Galicia nadando no CN Liceo.
Esta proba e clasificatoria para o Campionato do Mundo Singapur 2025.
Inés Mourenza Rocha, de CN Portamiñá e Bolseira do CGTD, convocada co Equipo Nacional para participar no Campionato de Europa Júnior de Augas Abertas.
O campionato terá lugar en Setúbal (Portugal), do 19 ao 21 de xuño.
Última xornada do XXVII Campionato de España de Augas Abertas OPEN en Ibiza.
Na proba do 5 Km, Paula Otero de CN Arteixo, 1ª Española e 3ª na Copa do Mundo e Mateo García tamén de CN Arteixo e Bolseiro do CGTD, 1ª Español e 10º na Copa do Mundo
En categoría máster
5º posto para o equipo de remudas de Sporting Club Casino na proba de 4x750 m. +160
Segunda xornada do XXVII Campionato de España de Augas Abertas OPEN en Ibiza.
Paula Otero de CN Arteixo, 1ª Española e 7ª na Copa do Mundo na proba do 3 Km Knockout e Inés Mourenza, de CN Portamiñá e Bolseira do CGTD, 2ª Júnior.
Destacar tamén o 9º posto de Sofía Barros, de CN Galaico e Bolseira do CGTD.
En categoría máster
Medalleiro na proba do 3K
+20 - 2ª . Elena Fernández de C Hércules Termaria
+40 - 1ª e 1ª na etapa da Copa do Mundo Máster . Almudena Quereda de CN Liceo
+60 - 2º. Mª del Mar Terceiro de C del Mar San Amaro
Primeira xornada do XXVII Campionato de España de Augas Abertas OPEN en Ibiza.
Excelente participación de Mateo García de CN Arteixo e Bolseiro do CGTD no 10K. Rematou a tan só 13 segundos do gañador, sendo o primeiro Español en alcanzar a meta.
Paula Otero de CN Arteixo, 3ª Absoluta e Inés Mourenza, de CN Portamiñá e Bolseira do CGTD, 2ª Júnior.