FEGAN - Aviso Legal.
Hoxe, no Concello de Ferrol, presentouse o Campionato Galego Infantil Mixto de Wáter-polo de Inverno que se disputará o domimgo 10 de marzo na piscina J.Gómez Noya de Ferrol.
Na presentación estiveron Silvano González, Directivo de C Marina Ferrol; Víctor Lázaro, Adestrador de C Marina Ferrol;Ricardo Aldrey, Concellal de deportes de Ferrol e Juan Carlos Brión, Presidente da Federación Galega de Natación.
Juan Carlos Brión puxo en valor o apoio do Concello e o desexo de seguir colaborando coa Administración local en futuros eventos. Ricardo Aldrey destacou a gran participación de clubs neste campionato e amosou a súa satisfacción porque a Fegan escollese Ferrol, como sede de probas autonómicas.
Dará comezo as 11:30 horas. O sistema de xogo será KO ronda gañadores e perdedore. Participarán RCN de Vigo, CW Pontevedra, CM Ferrol, CW Santiago, CW As Mariñas, CW C Rías Altas e CW Lugo