I Memorial Pedro Luis Fernández Pombo

20231214_nat_memorial

Hoxe presentouse no Concello de Carballo o I Memorial Pedro Luis Fernández Pombo que terá lugar esta fin de semana na piscina Municipal Carballo Calero.

Pedro era nadador máster, socio honorífico dende 2014 e foi directivo fundador de AD Fogar; membro da Xunta Directiva do Comité Galego de Árbitros, responsable da área de natación máster, así como delegado para Carballo do devandito comité e colaborador da Federación Galega de Natación en diversas facetas durante anos.

A Agrupación Deportiva Fogar xunto co Concello de Carballo quere renderlle esta homenaxe coa colaboración da FEGAN e o Comité Galego de Árbitros.

Na presentación estiveron Daniel Pérez, Concelleiro de Deportes; Evencio Ferrero, Alcalde de Carballo; Gustavo Álvarez, Presidente de AD Fogar e Juan Carlos Brión, Presidente da FEGAN.

O sábado dará comezo as 10:00 h e as 17:00 h. cos infantís, júniors e absolutos e o domingo as 10:00 h. coa categoría máster.

20231214_nat_cartel