Aprazamento da Xornada de Liga de Segunda División de Natación en Narón

Debido a fenómenos metereolóxicos adversos, o Concello de Narón decreta o peche das instalacións municipais e suspensión de actividades, polo que a 1ª xornada da liga Galega de Clubs de 2D que se disputaba mañá na piscina da Gándara, APRÁZASE.

O club organizador informa da dispoñibilidade da instalación para celebrar a competición o vindeiro sábado 11 de novembro, que se non xorden inconvenientes, será cando se dispute.

Bando municipal