Águeda Cons, co Equipo Nacional ESP-2020 en Sierra Nevada

A nadadora Águeda Cons Gestido do CN Galaico e bolseira do CGTD está convocada para participar co Equipo Nacional ESP-2020 nunha concentración xeral en Sierra Nevada do 22 de xaneiro ao 10 de febreiro.

A esta concentración tamén están convocados Luisa Domínguez (do 22 de xaneiro ao 1 de febreiro) e Fernando Zarzosa (do 2 ao 9 de febreiro), adestradores do CGTD, como integrantes do cadro técnico.