O CW Galaico Pontevedra, Campión Galego Xuvenil de Wáter-polo

20150222_cto_gal_wat_xuv

O CW Galaico Pontevedra A, proclamouse Campión Galego Xuvenil de Wáter-Polo ao impoñerse na final ao CW Santiago (13-6), no campionato celebrado na piscina de INEF en Bastiagueiro. O terceiro posto foi para o C Marina Ferrol que se impuxo ao CW Galaico Pontevedra B (15-4), e o CN Coruña foi quinto ao vencer ao RCN Vigo (11-5)