Dous equipos galegos na fase de ascenso a Liga Nacional

20230505_wat_santiago

CW Santiago atópase na fase de ascenso a Primeira División Nacional Feminina (dentro dun grupo de tres equipos) que se enfrontará a CN Las Palmas, este sábado as 17:00 nas Palmas. O seguinte partido será en Santiago fronte a CD Waterpolo Turia o sábado día 20.

05/20230505_wat_rcnv

O outro equipo que opta ao ascenso e RCN de Vigo que se xoga o paso a Segunda Nacional Masculina fronte a Urbat Ike, este sábado na piscina do Real Club Náutico de Vigo as 18:30 h. A semana seguinte desprezaranse ao País Vasco para disputar o partido de volta.

Tecnificacion Wáter-polo

20230201_wat_infantil

O sábado 6 de maio, primeira xornada do plan de detección de talentos da área de Wáter-polo da FEGAN da categorías Cadete Masculina .

Será un adestramento na piscina do CGTD de Pontevedra. O horario será de 11:00 a 13:30 horas.

Convocatoria

Resultados Wáter-polo

20230502_wat_resultados3

Resultados Wáter-Polo

20230425_wat_resultados

Resultados Wáter-Polo

20230417_wat_resultados

Campionato de España Infantil Masculino e Feminino por Federacións Territoriais

20230404_wat_equipo

Finaliza o Campionato de España de Waterpolo Infantil por Comunidades en Madrid.

Galicia volve estar da metade cara arriba en cada unha das categorías, unha 8ª posición en masculina e 6ª en feminina deixa á nosa comunidade nunha boa posición.

Pola mañá comezaron os mozos fronte a Canarias, onde despois dun comezo igualado e varios erros provocados polo cansazo acumulado, fixeron chegar ao último cuarto empatados, rematando 9-12.

O equipo feminino xogou contra Valencia, onde foron superiores en todo momento e o resultado final reflicte a superioridade (11-2), quedando nunha meritoria 6ª posición.

Dar o parabén a todos/as os/as xogadores/as pola actitude e seguir nesta liña para mellorar para futuras citas.

Campionato de España Infantil Masculino e Feminino por Federacións Territoriais

20230404_wat_chicas

Na xornada de hoxe, as dúas seleccións galegas disputaban os oitavos de final, onde o cruzamento en ambos os casos con Madrid foron con resultado negativo.

Comezaba o equipo feminino, fronte a unha selección moi seria, rematando 10-1. Xa pola tarde, as mozas xogábanse as prazas 5-8, fronte a Canarias, e despois dun partido moi igualado, o partido foi favorable para as galegas, cunha vitoria por 4-5, chegando dese xeito unha disputa pola 5 praza mañá fronte a Valencia ás 12:30 h.

20230404_wat_chicos

O equipo masculino disputou fronte a Madrid o primeiro partido cun resultado negativo por 15-5.

Pola tarde, fronte a Valencia, a pesar dun primeiro cuarto moi igualado, tiveron unhas partes sen dar o mellor nivel, chegando a un resultado final de 12-2, levando isto a disputar a 7-8 praza, neste caso xogarán fronte a Canarias ás 11:00 h.

Campionato de España Infantil Masculino e Feminino por Federación Territoriais

Comezou o Campionato de España Infantil Masculino e Feminino por Federación Territoriais na piscina M86 de Madrid.

20230402_wat_chicas

A primeira xornada abriuna a selección feminina, nun emocionante partido fronte a Murcia, onde se levaron a vitoria por gol no último segundo (8-7).

A segunda xornada foi fronte a Baleares, onde despois dun partido moi igualado, a vitoria foi para o equipo Balear (5-7). Desta forma, o equipo galego clasificouse para os oitavos de final, tendo mañá un compromiso fronte a Madrid ás 9:00.

20230402_wat_chicos

Por parte dos mozos, comezaron a súa xornada fronte a Cantabria, pechando o marcador en 13-3.

Pola tarde, xogábanse os oitavos de final fronte a Navarra, onde despois dun mal comezo, 7-2 a metade de partido, os galegos fixeron unha gran segunda metade de partido, dando a volta ao marcador, ata chegar a unha resultado final de 10-9, o que lles deu a praza para oitavos de final, xogando mañá contra Madrid ás 13:00.

Todos os horarios e cruces de partidos.

Campeonato de España Infantil Masculino e Feminino por FFTT

20230329_cartel_wp_Infantil

Dende o sábado 1 de abril ata o martes 4, disputarase o Campionato de España Infantil Masculino e Feminino por Federación Territoriais na piscina M86 de Madrid.

Galicia acudirá con 26 seleccionados, no equipo técnico Enrique Órdoñez (seleccionador FEGAN) e os adestradores Andrés Pérez e Isabel Pérez.

Todos os horarios e cruces de partidos.

Convocatoria feminina

Convocatoria masculina

Tecnificacion Wáter-polo

20230329_wat_entreno

O vendes 31 de marzo, terá lugar a novena xornada do plan de detección de talentos da área de Wáter-polo da FEGAN das categorías Infantil Masculina e Femenina.

Será un adestramento na piscina do CGTD de Pontevedra. O horario será de 15:30 a 18:30 horas.

Convocatoria feminina

Convocatoria masculina