Campionato de Europa de Natación Máster Roma 2022

20220822_nat_master_europa_cartel

Comeza o Campionato de Europa de Natación Máster onde Galicia terá representación galega con Iván Claudio de CN Travesas, Nahir Covelo de CN Ponteareas e Ana González Alegre do RCN Vigo.

Campionato de España Open Natación Máster de Verán

20220712_nat_medallero

Acceso á web dos resultados.

Campionato Galego Master de Verán

20220612_mast_ponteareas

20220612_mast_mayores

Hoxe disputouse na piscina do Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas, a segunda e última xornada do Campionato Galego Máster de Verán na que se bateron 39 Récords Galegos Máster.

Na categoría feminina, o vencedor foi o C. N. Ponteareas, seguido do C. N. Escualos e terceiro o C. N. Vigo Rías Baixas.

Na categoría masculina, o C. N. Ponteareas proclamouse campión seguido do C. N. Escualos e terceiro o C. N. Portamiñá.

Na clasificación total, o vencedor foi o C. N. Ponteareas, seguido do C. N. Escualos e terceiro o C. N. Vigo Rías Baixas.

Ademais entregáronse os trofeos aos participantes de máis idade que foron Celia Iglesias Blanco do C. N. Mos e Francisco Araújo Domínguez do C. N. Ponteareas.

web dos resultados

Campionato Galego Master de Verán

20220610_mast_cartel

Os días 11 e 12 de maio terá lugar o Campionato Galego Máster de Natación no Complexo Deportivo Álvaro Pino, Ponteareas. As sesións de máñá darán comezo as 10:00 horas e as de tarde as 16:30 horas.

Alta participación con máis de 300 nadadores.

Web de resultados.

Campionato Galego Máster de Augas Abertas

20220604_nat_hercules

C. Hércules Termaria foi o club gañador na clasificación conxunta e na categoría feminina. C. N. Ponteareas na masculina.

Hoxe celebrouse o Campionato Galego Máster de Augas Abertas na Praia Fluvial de A Freixa, en Ponteareas. En categoría Máster masculina, os primeiros en alcanzar a meta foron Marcos del Río de C. N. Liceo, Manuel Simón de C. N. Liceo e Marcos Vila de C. N. Pabellón Ourense

En categoría feminina, a primeira foi Rosalía García de C. N. Galaico, a segunda Sonia Braña de Hércules Termaria e a terceira Tania Alcalde de C. N. Vilagarcía.

20220604_nat_ponteareas_masculino

20220604_nat_herculesfemenino

Todas as clasificacións na Web de resultados.

C. N. Ponteareas Campión da Liga Máster

20220603_nat_master_ponteareas

O pasado fin de semana rematou a Liga Galega Máster despois de 5 xornadas, C. N. Ponteareas proclamouse Campión de Liga. No segundo posto C. Hércules Termaria e no terceiro posto C. N. Escualos.

Todas as clasificacións na Web de resultados.

Campionato España Open de Natación Fondo Máster

20220424_nat_master_folch

20220424_nat_master_mariadelmar

Tres ouros, tres pratas e tres Récords de España no Campionato de España Open de Fondo de Natación Máster en Mataró para os nadadores galegos.

Os ouros foron para Ramón Folch, de C. N. Arteixo en categoría +85 nas probas de 3000 metros libres cun tempo de 1.22:17.04 sendo tamén récord de España. En 1500 libres cun tempo 37:32.53 e nos 800 libres con 18:03.99, récord de España así como no pase de 400 libre con 8:59.98.

As pratas foron en categoría feminina para María del Mar Terceiro de Club del Mar, categoría +55, nos probas de 3000 metros libres cun tempo de 48:51.84, de 1500 libres con 24:01.31 e de 800 libres con 12:38.36.

Na proba de 3000 libres na categoría +30, Paula Araujo de Club del Mar cun tempo de 53:53.00 conseguía o sexto posto e José Manuel Lorenzo de Rías Baixas +50, o posto 12 cun tempo de 55:16.39

En 800 libres categoría +30, Paula Araujo facíase co 8º posto cun tempo de 13:11.03. En categoría masculina +50, José Manuel Lorenzo obtiña o posto 13 con 13:56.79 e Antonio Rivas do Hércules Termaria +55, o 7º posto cun tempo de 11:19.97 e no 1500 libres o 6º posto cun tempo de 21:36.38

Resultados.

V Campionato de España "OPEN" de Fondo Natación Máster

20220421_nat_master

Dende mañá venres e ata o domingo celebrarase o Campionato de España Open de Fondo de Natación Máster en Mataró, ao que acudirán nadadores de distintos clubes galegos.

Listas de saída.

Campionato Galego de Fondo Máster e Memorial Gerardo Steudel Categoría Feminina

20220320_nat_hercules_femenino

Pola tarde foi o turno da categoría femenina, proclamándose Campionas Galegas por clubs as representantes do Hércules Termalia.

Estíbaliz Bugallo do RCN Vigo, fui a gañadora do Trofeo Gerardo Steudel na proba de 1500 libres e Sonia Braña de Hércules Termalia na proba de 800 libres.

Na categoría +60 Cristina García Colomo de CN Pabellón Ourense, bateu os Récords Galegos de 1500 e 800 libres, na categoría +50, Rita Hernández de RCN Vigo en 1500 libres e Blanca Hermida do Marina Ferrol o de 800 libres na categoría +40.

Web de resultados.

20220320_nat_master_estibaliz_blanca

Campionato Galego de Fondo Máster e Memorial Gerardo Steudel Categoría Masculina

20220320_nat_master_hercules

Hércules Termalia proclámase Campión Galego por clubs en categoría masculina.

Manuel Simón do Hércules Termalia gañador do Trofeo Gerardo Steudel na proba de 1500 libres e David Rodríguez do Cidade de Santiago na proba de 800 libres en categoría masculina.

Destacar que houbo varios Récords Galegos e de España Máster. Ramón Folch do CN Arteixo bateu o Récord de España en 1500 e 800 libres en categoría +85 e o Récord Galego en 400, 800 e 1500 libres.

En categoría +55 Antonio Rivas do Hércules Termalia Récord Galego en 1500 e 800 libres. En categoría +35 Récord Galego en 800 libre para David Rodríguez do Cidade de Santiago.

Web de resultados.

20220320_nat_master_fondo