Campionato de Europa de Augas Abertas Júnior

20160907_aua_cto_eur_juni

Do 9 al 11 de setembro vaise disputar en Piombino (Italia) o Campionato de Europa de Augas Abertas Júnior con ampla participación galega a cargo de Paula Goyanes García e Águeda Cons Gestido do CN Galaico e Manuel Tomé Sanles do CN Riveira, os tres, bolseiros do CGTD. Paula nadará a proba de 10 Km e Águeda e Manuel a proba de 7,5 Km.

Tamén está convocada como integrante do cadro técnico, Luisa Domínguez, adestradora do CGTD.

Gaspar Andrade e Manuel Tomé co equipo nacional Júnior de Augas Abertas

Os nadadores Gaspar Andrade Budiño do CN Arzúa e Manuel Tomé Sanles do CN Riveira, bolseiros do CGTD, están convocados para participar co equipo nacional júnior de augas abertas, nun stage do 30 de outubro ao 4 de novembro no Crol Center de Calella (Barcelona).

Paula Goyanes e Gaspar Andrade campións do Circuíto Galego de Augas Abertas

A pesar de que a vindeira e derradeira proba do circuíto (a número 12) ten máis de 5000 metros, o que implica que nesta travesía haxa unha puntuación para o gañador de 60 puntos, a vantaxe en canto a puntos fai que a falta da súa celebración, Paula Goyanes García do CN Galaico e Gaspar Andrade Budiño do CN Arzúa se proclamen campións da categoría deportista feminina e masculina respectivamente.

As clasificacións na categoría máster feminina e masculina están abertas polo que os aspirantes terán que loitar até a derradeira proba para acadar o primeiro posto da clasificación. O mesmo pasa coas clasificacións por clubes.

Ler máis.

Probas 6 e 7 do Circuíto Galego de Augas Abertas, travesías a nado 2015

Circuíto Galego Augas Abertas

A vindeira fin de semana terán lugar as probas 6 e 7 do circuíto, as dúas terán lugar o sábado día 15 e unha distancia de 2500 metros, sendo pola mañá a travesía da Praia de Coroso e pola tarde a do Concello de Boiro.

As inscricións de ámbalas travesías rematan mañá xoves día 13 as 13:00 horas.

En canto ás clasificacións individuais Paula Goyanes García do CN Galaico encabeza a clasificación Deportistas Feminina, Gaspar Andrade Budiño do CN Arzúa a de Deportistas Masculina, Cristina Calviño Cancela do CN Ponteareas a Máster Feminina e Daniel Nomdedeu Rodal do RCN Vigo a Máster Masculina.

Nas clasificacións por clubes temos o CN Galaico encabezando a clasificación Deportistas Feminina, o CN Ponteareas a de Deportistas Masculina e a Máster Feminina e o RCN Vigo a Máster Masculina.

Ler máis.

Manuel Tomé, co Equipo Nacional de Augas Abertas

O nadador Manuel Tomé Sanles do CN Riveira e bolseiro do CGTD está convocado para participar co equipo nacional, nunha concentración previa ao Campionato de Europa Júnior e Infantil de Augas Abertas. Esta concentración será do 1 ao 8 de xullo no CAR de Sant Cugat.

María Vilas na Copa do Mundo de Augas Abertas

A nadadora María Vilas Vidal do CN Riveira está convocada para participar na 6ª etapa da Copa do Mundo FINA de Augas Abertas que se disputa o 27 de xuño en Setubal (Portugal).

Campionato de España Augas Abertas Máster

No VI Campionato de España OPEN Máster de Augas Abertas disputado en Banyoles, a nadadora María Ferreira González do CN Máster Mos, proclamouse subcampioa de España nos 3 Km da categoría +25.

Outros nadadores de clubes galegos clasificados entre os 5 primeiros da súa categoría foron:

  • Verónica Troncoso González do CN Ponteareas, 4º posto en categoría premaster.
  • Santiago Ferrada Castro do CN Máster Mos, 4º psoto en categoría +30.

Ler máis.

Campionato de España Augas Abertas

No XVIII Campionato de España de Augas Abertas OPEN disputado en Banyoles, ademais dos primeiros postos dos nadadores do CN Riveira María Vilas e Manuel Tomé na primeira xornada, María volveu subir ao podio nos 5 Km de categoría absoluta, acadando o terceiro posto.

Outros nadadores clasificados entre os 10 primeiros foron:

  • Laura Pimentel Pérez do CN Pabellón, 10º tanto en 10 Km como en 5 Km.
  • Carlos Acuña Pesqueira do CN Galaico, 10º en 5Km infantil.
  • Agueda Beatriz Cons Gestido do CN Galaico, 4º posto en 5Km infantil.
  • Cristian Fernández Nieto do CN Galaico, 8º posto en 5Km absoluto.
  • Iria García Pardavila do CN Galaico, 9º posto en 5Km absoluto.
  • Gaspar Andrade Budiño do CN Arzúa, 6º posto en 7,5 Km júnior.
  • Paula Goyanes García do CN Galaico, 5º posto en 7,5 Km júnior.

Na clasificación por Clubes en categoría feminina, o CN Galaico acadou o 3º posto.

Ler máis.

María Vilas , Campioa de España de Augas Abertas e clasificada para o Cto. do Mundo

20150620_nat_banyolas_maria

20150620_nat_banyolas_manuel

A nadadora María Vilas Vidal do CN Riveira e bolseira do CGTD acaba de proclamarse Campioa de España Absoluta de Augas Abertas en 10 Km, co que acada a clasificación para o Campionato do Mundo que se disputa en Kazán do 27 de xullo ao 1 de agosto.

Ademais, Manuel Tomé Sanles do CN Riveira e bolseiro do CGTD, proclamouse Campión de España infantil en 5 Km.

Ler máis.

Rematou a XI Circuíto Galego de Augas Abertas

Laura Pimentel Pérez do CN Pabellón Ourense e Cristian Fernández Niento do CN Galaico campións do XI Circuíto Galego de Augas Abertas, Travesías a nado 2014 na categoría deportistas e Esther Valiño Gómez do CN Portamiñá Lugo e Diego Sotelo Fernández do USC campións na categoría máster.

A pasada fin de semana celebráronse as derradeiras travesías do circuíto, Travesía a nado Concello do Son e a Travesía a nado Vila de Caión, ámbalas cun percorrido de 2500 metros sendo esta última a encargada de pechar o circuíto.

En canto ás clasificacións os postos máis destacados foron:

Categoría deportistas feminina:

  • 1 PIMENTEL PEREZ, LAURA do CNPOURENSE con 221 puntos.
  • 2 GOYANES GARCIA, PAULA do CNGALAICO con 150 puntos.
  • 3 GONZALEZ EIROA, IRENE do CNCORUÑA con 137 puntos.

Categoría deportistas masculina:

  • 1 FERNANDEZ NIETO, CRISTIAN do CNGALAICO con 188 puntos.
  • 2 CARRERA COSTAS, MARTIN do CNPONTEAREAS con 173 puntos.
  • 3 COSTA FERNANDEZ, LUCAS do CNPONTEAREAS con 145 puntos.

Categoría máster feminina:

  • 1 VALIÑO GÓMEZ, ESTHER do CNPORTAMIÑA con 195 puntos.
  • 2 TRONCOSO GONZALEZ, VERONICA do CNPONTEAREAS con 151 puntos.
  • 3 FERREIRA GONZALEZ, MARIA do MASTER MOS con 136 puntos.

Categoría máster masculina:

  • 1 SOTELO FERNÁNDEZ, DIEGO do USC con 181 puntos.
  • 2 NOMDEDEU RODAL, DANIEL do CTRAVIESASN con 175 puntos.
  • 3 RODRÍGUEZ MIGUÉLEZ, DIEGO do CN ARTEIXO con 138 puntos.

Ler máis.