XXXIX Trofeo Internacional Villa De Gijón
Durante os días 22, 23 e 24 de maio terá lugar na piscina do Club Natación Santa Olaya o XXXIX Trofeo Internacional Villa de Gijón, no que participarán 8 nadadores das categorías júnior e absoluta, bolseiros de tecnificación ou rendemento no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Participarán os clubs CN Culleredo, CN Liceo, CN Ponteareas, CN Galaico, RCN de Vigo, CN Portamiña e CN Coruña. En total, estarán presentes 57 nadadores galegos.



















