Xornada 3 do Campionato de España de Natación Junior e Absoluto de Verán

20220307_nat_mariadevaldes

De novo outra xornada mais con moi bos resultados para Galicia.

En 400 libre María de Valdés de CN Liceo facíase de novo Campiona de España Absoluta, Paula Otero de CN Arteixo, Subcampiona de España Absoluta e Campiona de España en categoría Absoluta xoven e Carla Carrón de CN Arzúa, Campiona de España Junior (17 anos).

En 1500 libre, Mario Méndez de CN Rías Baixas, Subcampión de España Absoluto xoven.

En 200 bolboreta, Julia Rodríguez de RCN de Vigo, Subcampiona de España Junior (17 anos).

En 100 braza, Sofia Carballo de CN Ponteareas, Sucampiona de España Junior (16 años) batendo tamén Récord Galego e Brais Novo de CN Portamiñá, 3º de España Absoluto xoven.

Tamén pasaron a finais:

Mateo García de CN Arteixo, 4º Junior (17 anos) en 1500 libre.

Joel Suárez de AD Fogar, 6º Junior (18 anos) en 100 braza.

Manuel Pérez CN Boiro, 8º Junior (17 anos) en 100 braza.

Destacar tamén a medalla de ouro do vigués Miguel Martínez de Real Canoe en 200 bolboreta.

Acceso á web dos resultados

20220722_nat_julia

20220722_nat_sofia