Campionato Galego de Natación Infantil

20220710_nat_cto_gal_liga

Primeira xornada do Campionato Galego de natación Infantil que se está a disputar na piscina municipal de Cervo, na que destaca a Mellor Marca Galega de 15 anos en 100 costas masculino batida por Sergi Navarro Losada do CN Ferrol con un tempo de 1:00.87.

Ao remate desta xornada, as clasificacións por clubes son as seguintes:

Clasificación feminina:

1º CN Portamiñá con 175 puntos, 2º CN Galaico con 131 puntos, 3º CN Culleredo con 197 puntos.

Clasificación masculina:

1ºCN Ferrol con 191 puntos, 2º CN Pabellón Ourense con 137,5 puntos, 3º CN Portamiñá con 117,5 puntos.

Clasificación total:

1º CN Portamiñá con 292,5 puntos, 2º CN Ferrol con 288 puntos, 3º CN Galaico con 242 puntos.

Acceso á web de resultados

Ademáis, nesta xornada fixose entrega do Trofeo de Campión de Liga Infantil 2021-2022 ao CN Ferrol.