Campionato de España Infantil de Wáter-Polo

20220626_wat_malaga

Histórica representación dobre no Campionato de España de Wáter-polo Infantil Masculino e Feminino por parte dos equipos galegos.

Despois de varios días de competición, as mozas do CW Santiago conseguiron estar entre as 8 primeiras clasificadas dos 12 equipos que compoñen a categoría feminina.

Enfrontábanse ao CN Askartza, nun partido onde o cansazo acumulado fixo efecto, pero mostraron unha gran actitude durante todo o partido, finalizando con derrota por 5-11.

Pola súa banda, os mozos do CW Pontevedra conseguian volver entrar entre os 8 primeiros dos 24 equipos participantes.

Na loita pola 7 posición, os pontevedreses perdían por 11-4.

Máis aló dos resultados que foron moi positivos, hai que destacar a participación dun equipo feminino nun campionato infantil, sendo unha clara mostra de como aos poucos equipárase en canto número de licenzas e participacións á sección masculina. A destacar a gran familia que mostraron ambos clubs, animándose sempre e sendo todos un mesmo equipo, representantes de Galicia, iso é o máis importante para seguir crecendo como deporte na nosa comunidade.”