Campionato de España Infantil de Wáter-Polo

20220625_wat_santiagoponte

Xornada redonda para os equipos galegos no Campionato de España de Waterpolo Infantil Masculino e Feminino.

O equipo feminino do CW Santiago comezaba a súa competición fronte aos anfitrións do CW Málaga, onde os nervios propios do primeiro día fixeron que as galegas comezarán con algúns erros, pero foron capaces de sacar o partido adiante, finalizando con vitoria por 10-8. Pola tarde, xogábanse a primeiro praza de grupo fronte ao CN Askarzta, e despois dun partido moi serio e igualado, as xogadoras conseguiron a vitoria 10-12, e por tanto a primeira praza de grupo.Nos cuartos de final enfrontaranse hoxe ao CN Boadilla ás 11:00.

Pola súa banda o equipo masculino do CW Pontevedra despois de pasar como segundo de grupo aos oitavos de final, enfrontáronse ao CN Cabala, nun partido moi igualado, onde ao final levaron a vitoria por 9-6. Hoxe enfrontaranse ás 13:00 nos cuartos de final fronte ao CNA Barceloneta.