Campionato España Open e Máster Open de Augas Abertas

20220520_nat_maria

20220520_nat_mario

Primeira Xornada do Campionato de España de Augas Abertas que se está a celebrar en Banyoles con moi vos resultados para Galicia.

María de Valdés de CN Liceo, 1ª Española e 7ª absoluta na proba de 10.000 metros cun tempo de 1.59.0. Consigue así clasificarse para o Mundial e o Europeo de Augas Abertas.

Na proba de 10.000 metros, medalla de prata para Mario Méndez de Rías Baixas que conseguía un segundo posto en categoría Junior 2 e 20 na Absoluta cun tempo de 1.56.2. Pablo Cabana de CN Ponteareas, 4º posto cun tempo de 1.58.0 en categoría Junior 2 e 23 na Absoluta que fixo moi boa carreira a pesar de ser dos pequenos da sua categoría. Tamén destacar nesa categoría o posto 10º de Santiago Avilés de AD Fogar.

En 5000 metros categoría Infantil señalar a Xoel Cubeiro de CN Liceo no posto 9º, Teo Alonso de Rías Baixas no 10º e Yoel Faro de CN Ponteareas no 11º. En categoría Infantil Feminina María Álvarez de CN Rías Baixas, conseguía o posto 14.

Web de resultados.