Xornada Tecnificación Clinic Underwater RFEN

20220423_clinic

A Federación Galega de Natación organizou en colaboración coa Real Federación Española de Natación unha xornada técnica Clinic Underwater RFEN, cuxo obxectivo era a mellora do nado ondulatorio subacuático.

Esta xornada estivo enfocada aos nadadores e nadadoras de categorías novas, realizouse en duas xornadas de maña e de tarde onde tiveron unha parte teórica e moita práctica.

Asistiron 28 nadadores seleccionados de distintos clubes galegos e 16 técnicos. A sesión foi impartida por Santiago Veiga, coordinador de programas de tecnificación da RFEN e por Aschwin Wildeboer ex recordman mundial en 100 metros costas, finalista olímpico e técnico do C.N. Sabadell.

A Concelleira de Deportes, Mónica Martínez deu a benvida a xornada aos participantes e adestradores.