Copa Galega de Wáter-polo

20220120_wp_copa_cartel

Esta vindeira fin de semana vaise celebrar na piscina Rosario Dueñas de Ourense a Copa Galega Absoluta masculina e feminina de Wáter-polo.

Na Copa feminina que se disputa por sistema de liguiña con catro partidos o sábado e dous o domingo, participan catro equipos: C. W. Coruña Rías Altas, C. W. Pontevedra con equipos A e B e C. W. Pabellón Ourense.

Na Copa masculina que se disputa por sistema de KO con rolda de cuartos de final, semifinais e finais, participan oito equipos: C. W. Santiago, C. W. Pontevedra con equipos A e B, C. W. Lugo, C. W. Coruña Rías Altas, RCN Vigo, C. Marina Ferrol e C. W. Pabellón Ourense. O sábado dispútanse as roldas de cuartos e semifinais, e o domingo as finais, estando previsto o partido polo primeiro e segundo posto para as 17:30.