Xornada 2 do Cto. Galego Máster de Inverno

20220116_master_tota_feml

20220116_master_mas

20220116_master_idade

O C. N. Ponteareas Campión Galego Máster de Inverno, vencendo tamén na categoría feminina, na categoría masculina o vencedor foi o C. N. Rías Baixas Vigo.

Hoxe disputouse na piscina do Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas, a segunda e última xornada do Campionato Galego Máster de Inverno para as categorías de máis de 45 anos, na que se bateron 25 Récords Galegos Máster.

Na categoría feminina, o vencedor foi o C. N. Ponteareas, seguido do C. N. Vigo Rías Baixas e terceiro o C. N. Hércules.

Na categoría masculina, o C. N. Vigo Rías Baixas proclamouse campión seguido do C. N. Ponteareas e terceiro o C. N. Hércules.

Na clasificación total, o vencedor foi o C. N. Ponteareas, seguido do C. N. Vigo Rías Baixas e terceiro o C. N. Hércules.

Ademais entregáronse os trofeos aos participantes de máis idade que foron Isabel Moral Rubio do C. N. Traviesas con 80 anos e Ramón Folch Mallofre do C. N. Arteixo con 85 anos.

Acceso á web dos resultados