Xornada 1 do Cto. Galego Máster de Inverno

Rematou a primeira das dúas xornadas do Cto. Galego Máster de Inverno que se está a celebrar durante os días 14 e 15 en Ponteareas na piscina do Complexo Deportivo Álvaro Pino, para as categorías de menos de 45 anos, na que se bateron 16 Récords Galegos Máster.

Ao remate desta xornada organizada de forma sobresaínte polo C. N. Ponteareas, a clasificación por clubes está encabezada polo club Natación Rías Baixas Vigo en categoría total, na feminina e na categoría masculina.

Acceso á web dos resultados