XVII Circuito Galego de Augas Abertas

20210920_aua_circuito

Rematou o XVII Circuito Galego de Augas Abertas, nun formato máis reducido este ano, no que resultaron vencedores a nivel individual Ana Pérez García-Picher do C. N. Galaico e Miguel Martínez Novoa do R. C. N. Vigo.

Nas clasificacións por clubes, en categoría feminina venceu o C. N. Galaico e en masculina, o RCN Vigo.

En categoría Máster os vencedores individuais foron:

Máster 1: Rosalía García Míguez do C. N. Galaico e Denis Incutti Tellado do C. N. Ponteareas.

Máster 2: Tania Alcalde Balado do C. N. Vilagarcía e Jorge Vázquez Iglesias do C. del Mar.

Máster 3: Mª del Mar Terceiro Delgado do C. del Mar e Julio Martínez Fajardo do A. D. Fogar.

Máster 4: Manuel Monroy Fernández do C. N. Ponteareas.

Nas clasificacións por clubes o vencedor foi o C. N. Ponteareas, tanto en categoría feminina como masculina.