Iria Lemos co Equipo Nacional Infantil de Augas Abertas

A nadadora Iria Lemos Fernández do C. N. Ponteareas e bolseira do CGTD, está convocada para participar co Equipo Nacional Infantil e Júnior-1 de Augas Abertas na concentración previa á Copa Mediterránea que se celebra do 19 ao 26 de setembro en Málaga.

A esta concentración tamén está convocado Fernando Zarzosa, adestrador do CGTD .