Tecnificación de Natación Artística

20210418_art_tec_pontevedra

Esta fin de semana celebrouse unha nova xornada de tecnificación de Natación Artística en Pontevedra. O sábado, aproveitando a 3ªX da Liga de Figuras, Sandra Montes traballou coas nadadoras integradas no plan de tecnificación e que participaban na competición, e o domingo coas nadadoras de categoría infantil en dobre sesión, pola mañán na piscina do CGTD e pola tarde na piscina do CD Rías do Sur.