XXI Cto. España Júnior-Sénior de Natación Artística

Esta fin de semana disputouse en Valladolid o XXI Camionato de España júnior e sénior de Natación Artística de inverno no que houbo participación de clubes galegos sendo os seguintes, os resultados máis destacados:

No campionato júnior

Ana Moyano Solis do C. Sincro Ourense foi 10ª en solo técnico.

Carmen Borrajo Ruiz do R.C.N. Vigo acadou o posto 16 en solo técnico.

Rocío Blanco e Ana Moyano do C. Sincro Ourense acadaron o posto 14 en duo técnico e tamén na final de duo libre.

Carme Borrajo e Candela Fidalgo do R. C. N. Vigo acadaron o posto 18 en duo técnico e o 17 na final de duo libre.

O C. Sincro Ourense foi 10º nas eliminatorias de equipo técnico e 9º na final de equipo libre.

O R.C.N. Vigo acadou o posto 12 nas eliminatorias de eauipo técnico e 11º na final de equipo libre.

Na final de Highlight, o R.C.N. Vigo foi noveno.

Na clasificación por clubs, o o R.C.N. Vigo foi oitavo e o C. Sincro Ourense 9º. Tamen participou nesta categoría o Sporting Casino de A Coruña.

No campionato sénior

Sabela Celada García do R.C.N. Vigo foi cuarta en solo técnico.

Antía García Costas do C.N. Sincro Rías Baixas acadou o posto 11.

Susana Castiñeira e Sabela Celada do R.C.N. Vigo foron cuartas tanto na elimiatoria do duo técnico como nafinal do duo libre.

Na clasificación pos clubs, o R.C.N. Vigo acadou o cuarto posto e o C Sincro Rias Baixas o posto 13.

Resultados completos