Liga Galega de Wáter-polo

20210412_wat_vigo

Boas noticias para o wáter-polo galego, despois de máis dun ano sen competición, esta fin de semana retomáronse as ligas absolutas masculina e feminina. O primeiro partido disputárono o Club Waterpolo Lugo e Club Waterpolo Coruña Rías Altas, con resultado a favor dos coruñeses por 3-25.

Na xornada do domingo foron o Real Club Náutico de Vigo e Club Waterpolo Santiago os encargados de pechar a xornada tanto en categoría masculina, resultado a favor de Vigo 9-8, como feminina, con empate a 9. Desta forma péchase a primeira xornada dunha liga que estará marcada pola utilización de test de antígenos co obxectivo de garantir a máxima seguridade.