Inicio da competición de Wáter-polo

20210410_wat_lugo

20210410_wat_lugo_2

Hoxe sábado iniciouse na piscina de FRIGSA en Lugo a competición de wáter-polo, despois de moitos meses de inactividade, coa disputa do primeiro partido de Liga Masculina Absoluta entre o C.W. Lugo e o C.W. Coruña Rías Altas con vitoria visitante por 3-25.

Os equipos que participan, tanto na liga masculina como feminina que dará comezo mañá en Vigo, sométense a un protocolo de realización de test de antíxenos cada 14 días para poder adestrar e xogar os partidos.