Seguimento ao Wáter-polo Galego a nivel nacional

Esta fin de semana o C.N. Sant Andreu, onde xoga Óscar Montes, perdeu o seu partido de liga fronte ao C.N. Barcelona por 9-12 e xogará o seguinte partido o 10 de abril fronte ao C.N. Terrassa.

Pola súa banda, o C.N. Sabadell non disputou ningún partido de liga, xa que xogou o pasado mércores fronte ao OSC Budapest o partido de volta da competición Europea, da que quedou eliminado a pesar de gañar por 12-10, pero o resultado da ida foi definitivo. No seguinte partido enfrontarase ao C.E. Mediterrani o 31 de marzo.

En categoría feminina, o C.D. Waterpolo 98 02, perdeu o seu partido correspondente fronte ao C.N.A. Barceloneta por 10-16, e o seguinte partido será fronte ao Real Canoe o 3 de abril.

Mentres, fóra das nosas fronteiras, Andrea Andión e Izaskun Tellería, conseguiron unha vitoria co seu actual equipo, o Paredes de Portugal, fronte ao Spor Algés por 10-7.