Seguimento ao Wáter-polo Galego a nivel nacional

Esta fin de semana disputouse a "Copa del Rey Masculina de Waterpolo", onde Galicia tivo a dous representantes. Por unha banda o C.N. Sant Andreu, onde xoga o ferrolán Óscar Montes, caía no primeiro partido fronte ao C.N. Barcelona (un dos finalistas), por 5-11. O C.N. Sabadell, onde está o pontevedrés Alejandro Andión, vencía no primeiro partido fronte C.N. Catalunya por 4-10, e posteriormente en semifinais, perdeu fronte ao que se proclamaría campión, C.N.A. Barceloneta, por un axustado 10-8.

En categoría feminina, o C.D. Waterpolo 98 02 venceu ao AE Santa Eulalia por 9-12, con 4 goles da pontevedresa Marina Casado.

Desde a federación temos que destacar a presenza galega alén da fronteira, xa que esta tempada tan atípica, as pontevedresas Izaskun Tellería e Andrea Andión, ficharon por un equipo Portuguús que compite na máxima categoría feminina en Portugal. O Paredes, foi o equipo onde empezaron a xogar esta tempada, e de momento disputaron tres encontros, con dúas derrotas e unha vitoria. Estaremos atentos ás galegas nesta andaina internacional.